O primeiro motivo, a potencia creadora de Roland Schimmelpfenning. É un autor excepcional, por algo se lle considera referente do teatro contemporáneo. O dramaturgo alemán vivo máis representado no mundo. Coñece moi ben todos os mecanismos do teatro e a alma humana. Inventa unha nova forma de narrar e explora os límites da realidade, a ficción e a percepción. Para el non existe teatro sen cambio e a Fantasía é o pegamento que une todo. Segundo, O grande incêndio é unha obra m